A escritora e xornalista mallorquina presentou a súa obra na librería A Tenda dous Libros
Dúas paradas tivo a escritora e xornalista mallorquina Roser Amills este pasado fin de semana en Ponteceso. A primeira, cos alumnos do instituto Eduardo Pondal, e a segunda, na librería A Tenda dous Libros, onde presentou a súa novela «Asja», da que xa falou para estas páxinas.Achegou aos presentes á figura dunha muller valente, pioneira e liberal, por máis que a historia se empeñase en sepultala e tapala. Amills mostrou, así mesmo, a súa vertente feminista, apostando pola cultura e pola información para lograr a liberdade individual e a igualdade de xénero e oportunidades. Quedan «rémoras», como dixo para La Voz.